I Premio de relato curto en prol da igualdade do Concello de Melide
O Concello de Melide
organiza o I Premio de relato curto en prol da igualdade.
Ten por obxectivo sensibilizar á poboación sobre a igualdade
real entre mulleres e homes.
MELIDE
22 de marzo de 2021.- O Concello de Melide convoca o I PREMIO DE RELATO CURTO EN PROL
DA IGUALDADE CONCELLO DE MELDIE, co obxectivo de sensibilizar á poboación sobre
a igualdade real entre mulleres e homes.
A
temática dos relatos debe de estar relacionada coa muller en calquera das súas
facetas: intimista, familiar, laboral, violencia de xénero, etc.
As obras
deberán estar escritas en lingua galega, cunha extensión mínima de 5 folios e
máxima de 10.
Outorgaranse
tres premios: 1.º premio 350 euros, 2.º premio 200 euros e 3.º premio 150
euros.
O prazo de
presentación dos traballos termina o día 2 de maio de 2021 e o decisión do
xurado darase a coñecer o 17 de Maio, Día das Letras Galegas.
Para máis
información, poden contactar co Departamento de Cultura ou co Servizo de
Normalización Lingüística do Concello de Melide.
Podes
consultar as bases na seguinte ligazón: https://cutt.ly/RxkBWKN
No hay comentarios:
Publicar un comentario