miércoles, 14 de abril de 2021

GAÑADOR DO CERTAME VILARIÑAS 2021

 Elixidos os premios do certame Vilariñas 2021



Marga Pazos de Lousame, Jeferson Costa Leite de Brasil e Quique Roxíos son os gañadores da V edición do certame de micro-poesía Vilariñas.

O xurado, composto polos membros da Nova Poesia Guitirica NPG, resolveu despois dunha difícil análise pola calidade dos poemas presentados.

Foron casi 90 as Vilariñas presentadas de diversos lugares do país, Asturias, Portugal, Brasil e tamén do Estado nun certame que se está a facer referencial na poesía galega e que complementa ao Premio Díaz Castro, tamén de Guitiriz.

O Certame Vilariñas naceu como homenaxe ao poeta do Vilariño Xosé María Díaz Castro, o poeta das cousas pequenas, e inspirouse no seu poema A Espada que fala das herbas pequerrechiñas e o nome de Vilariñas ao seu lugar de procedencia, o Vilariño na parroquia quitiricense dos Vilares.

O prémio é unha peza deseñada pola artista muxián Viki Rivadulla que simboliza a unha muller galega co paxaro da inspiración na cabeza.

O primeiro premio foi para Mar Pazos, unha moza de Lousame residente en Vigo, o segundo corresponde a Jeferson Costa Leite de Alegrete, no sur de Brasil, e o terceiro ao coñecido poeta de Boal en Asturias Quique Roxíos.

Este ano a diversidade linguística do galego-portugués viuse representada nas Vilariñas, onde as variantes idiomáticas conviven en armonía.

As Vilariñas siguen a viaxar ademáis de polos diferentes rincóns do país nestas cinco edicións, tamén por diferentes lugares  do estado e mesmo alén mar, ao sul do planeta.

Si a situación sanitaria o permite, o acto de entrega será o 13 de xuño en Guitiriz conxuntamente co Premio Díaz Castro de poesía.


FUENTE:    

No hay comentarios:

Publicar un comentario