Bases do X Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro
BASES X
PREMIO DE POESÍA MANUEL LEIRAS PULPEIRO
O Concello de Mondoñedo, coa finalidade de honrar a memoria do
escritor mindoniense Manuel Leiras Pulpeiro e, asemade, colaborar na promoción
da escrita poética en lingua galega e na divulgación das súas autoras e
autores, convoca o X Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, que se rexerá
polas seguintes bases:
PRIMEIRA.
Poderá concorrer ao premio calquera persoa física que presentea
súa obra en lingua galega, conforme ás normas ortográficas vixentes e
sancionadas pola RAG.
SEGUNDA.
Os poemas serán orixinais e inéditos tanto en soporte impreso
coma dixital e non poderán ter sido premiados noutros concursos en data
anterior á deliberación do Xurado. O incumprimento dalgunha destas condicións
nas obras premiadas significaría a anulación das adxudicacións, procedendo o
Xurado a formular de novo as propostas de adxudicación ou declarando deserto o
premio.
TERCEIRA.
As composicións terán unha extensión máxima de 150 versos e
serán de tema libre.
CUARTA.
Deberán presentarse catro copias en tamaño DIN A4 impresas a
dobre espazo.
QUINTA.
Os orixinais non poderán ir asinados nin levarán inscrición
ningunha que puidese suxerir o nome do autor ou autora, sendo presentados cun
lema e título.
En sobre á parte e cerrado constará o lema e o título no
exterior e, no interior,o nome e apelidos do autor ou autora, domicilio,
teléfono e fotocopia do DNI polas dúas caras ou, de ser menor, fotocopia do
libro de familia na folla correspondente á persoa que se presenta a concurso.
O Xurado poderá eliminar por defecto de forma as obras
presentadas que non se axusten ao disposto nesta base.
SEXTA.
O prazo de admisión de orixinais remata o día 15 de setembro de
2021, considerándose incluídas neste prazo as obras que, enviadas por correo,
presenten selo postal de orixe con esta ou anterior data.
As obras deberán enviarse ao seguinte enderezo:
Concello de Mondoñedo
Praza do Concello, 1
27740 Mondoñedo (Lugo)
Coa indicación:
X Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro.
SÉTIMA.
O Xurado, que estará composto por tres persoas de recoñecido
prestixio no ámbito literario e mais un representante do concello con voz e sen
voto que actuará como secretario, fará pública a súa deliberación a comezos de
outubro de 2021.
A decisión do Xurado darase a coñecer nos distintos medios de
comunicación e a mesma será comunicada aos autores seleccionados mediante
correo certificado.
A entrega do premio terá lugar nun acto público organizado polo
Concello de Mondoñedo no outono.
No caso de que as obras presentadas non acadasen o nivel
esixible a xuízo do Xurado para a obtención dos premios ou non tivesen a
categoría suficiente, poderán declararse desertos.
OITAVA.
Este concurso consta de tres premios:
Primeiro premio: 1.500 Euros, Placa e Diploma.
Segundo premio: 600 Euros, Placa e Diploma.
Terceiro premio: 300 Euros, Placa e Diploma.
NOVENA.
Os orixinais que obteñan premio pasarán a integrar o fondo do
patrimonio da Biblioteca Pública Municipal Pena Trapero de Mondoñedo, podendo
ser editadas pola mesma ou polo Concello de Mondoñedo. Neste sentido, o autor
ou autora renuncia a favor do Concello de Mondoñedo, para a primeira edición da
obra, a calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autor.
De desexar o autor facer uso dos textos premiados para a súa
publicación, deberá solicitar permiso ao Concello de Mondoñedo. De serlle
concedido, o autor comprométese a facer constar na publicación, expresamente,
que os textos foron distinguidos no Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro.
DÉCIMA.
O importe do premio enténdese íntegro e, polo tanto, suxeito a
retencións a conta, derivadas da aplicación do imposto sobre a renda das
persoas físicas.
UNDÉCIMA.
Os premiados será invitados, expresamente, ao seguinte recital
de Mondoñedo
é Poesía que se celebra nacidade cada 1 de maio.
DUODÉCIMA
As obras non premiadas serán destruídas xunto ás plicas, non
admitíndose peticións de devolución.
DÉCIMOTERCEIRA.
A deliberación do Xurado é inapelable, os concursantes aceptan
integramente estas bases así como canta decisión adopte o Concello de Mondoñedo
para que as mesmas poidan ser interpretadas e aplicadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario