martes, 13 de abril de 2021

EN GALEGO: XXII Premio de poesía Díaz Jácome

 Bases do XXII Premio de poesía Díaz Jácome


BASES XXII PREMIO DE POESÍA DÍAZ JÁCOME

O Concello deMondoñedo, co afán de estimular a creación poética entre os mozos/as, convoca oXXII Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores.

 

PRIMEIRA.

Poderánoptar ao premio todas as persoas, de idade non superior a trinta anos, calqueraque sexa a súa nacionalidade.

SEGUNDA.

Ospoemas serán orixinais e inéditos, escritos en galego, non premiados noutrosconcursos en data anterior ao fallo do Xurado. O incumprimento dalgunha destascondicións nas obras premiadas significaría a anulación das adxudicacións,procedendo o Xurado a formular de novo as propostas de adxudicación ou adeclarar deserto o premio.

TERCEIRA.

Ascomposicións terán unha extensión máxima de 150 versos, o tema e o metro quedaa elección do autor.

CUARTA.

Deberán presentarse catro orixinaisen tamaño DIN A4 impresos a dobre espazo.

QUINTA.

Osorixinais non poderán ir asinados ninlevarán inscrición ningunha que puidese suxerir o nome do autor, sendopresentados cun lema e título.

Ensobre aparte e cerrado, constará o lema e o título no exterior, e no interior onome e apelidos do autor, domicilio, teléfono, poboación de residencia,declaración formal de que a obra é inédita, fotocopia do DNI polas dúas carasou no seu defecto fotocopia do libro de familia na folla correspondente ápersoa que se presenta a concurso e incluirase tamén unha breve nota biográficado autor e o título do poema.

OXurado poderá eliminar por defecto de forma as obras presentadas que non seaxusten ó disposto nesta base.

SEXTA.

Oprazo de admisión de orixinais remata o día 15 de setembro de 2021,considerándose incluídas neste prazo as obras que enviadas por correo ostenteno mataselos de orixe con esta ou anterior data.

As obras deberánenviarse ao seguinte enderezo:

Concello de Mondoñedo

Prazado Concello, 1

27740 Mondoñedo (Lugo)

Coaindicación:

XXIIPremio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores.

SÉTIMA.

OXurado que estará composto por tres persoas de recoñecido prestixio no ámbitoliterario, fará pública a súa deliberación no mes de novembro de 2021.

Adecisión do Xurado darase a coñecer nos distintos medios de comunicación e amesma será comunicada aos autores seleccionados mediante correo certificado.

Aentrega do premio terá lugar nun acto público organizado polo Concello de Mondoñedo no mes de decembro.

Nocaso de que as obras presentadas non acadasen o nivel esixible a xuízo doXurado para a obtención dos premios ou non tivesen a categoría suficiente,poderán declararse desertos.

OITAVA.

Esteconcurso consta de tres premios:

Primeiropremio: 1.500 Euros, Placa e Diploma.

Segundopremio: 600 Euros, Placa e Diploma.

Terceiro premio: 300 Euros, Placa e Diploma.

NOVENA.

Osorixinais que obteñan premio pasarán a integrar o fondo do patrimonio daBiblioteca Pública Municipal Pena Trapero de Mondoñedo, podendo ser editadaspola mesma ou polo Concello de Mondoñedo, sen necesidade do permiso do autor ouautores, aínda que sempre se terá en conta que nunca perderá os seus dereitos.

De desexar o autor facer uso dos textos premiados para a súapublicación, deberá solicitar permiso ao Concello de Mondoñedo. De serlleconcedido, o autor comprométese a facer constar na publicación, expresamente,que os textos foron distinguidos no Premio de Poesía Díaz Jácome para NovosCreadores.

DÉCIMA.

Oimporte do premio enténdese íntegro e, polo tanto, suxeito a retencións aconta, derivadas da aplicación do imposto sobre a renda das persoas físicas.

UNDÉCIMA.

Ospremiados será invitados, expresamente, ao seguinte recital de Mondoñedo é Poesía que se celebra nacidade cada 1 de maio.

DUODÉCIMA

Asobras non premiadas serán destruídas xunto ás plicas, non admitíndose peticiónsde devolución.

DÉCIMO TERCEIRA.

Adeliberación do Xurado é inapelable, os concursantes aceptan integramente estasbases así como canta decisión adopte o Concello de Mondoñedo para que as mesmaspoidan ser interpretadas e aplicadas.



FONTE:      

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario