jueves, 27 de febrero de 2020

PREMIOS ROSALÍA DE CASTRO

Jorge Requeni, Lídia Jorge, Marta Pessarradona e Unai Elorriaga, premios Rosalía de Castro

O Centro PEN de Galicia recoñece o labor literario destes autores en lingua española, portuguesa, catalá e vasca



Centro PEN de Galicia vén de fallar os seus premios Rosalía de Castro, que chegan á súa décimo terceira edición. Os galardóns distinguen figuras senlleiras das literaturas española, portuguesa, vasca e catalá, un recoñecemento que personifica nelas a diversidade lingüística peninsular. Nesta ocasión, os premiados son a escritora portuguesa Lídia Jorge, a catalá Marta Pessarradona, o vasco Unai Elorriaga e o arxentino Antonio Requeni. Os galardóns seranlles entregados nun acto literario organizado polo PEN galego na segunda metade do mes de setembro.
O xurado, presidido por Luís González Tosar e que contou con Ánxela Gracián, Bieito Iglesias, Xosé Ramón Pena, Pablo Rubén Eiré, Manuel Guede e Luís Menéndez, ademais de Xabier Castro como secretario, destacou os méritos literarios dos catro premiados.
De Lídia Jorge (Boliqueime, 1946), o xurado sinala que «ten adquirido un lugar de relevo nas letras da lusofonía, caracterizado por un estilo moi persoal que a identifica», chamando a atención de xeito especial sobre o seu libro Costa dos murmúrios, resultado das súas experiencias en Angola e Mozambique.
Marta Pessarradona (Terrassa, 1941) recibiu recentemente o premio de honra das Letras Catalás. A súa ampla obra literaria está vinculada tamén á loita a prol dos dereitos da muller, así como as súas colaboracións en revistas, como Camp de l’Arpa, que contribuíron a visibilizar as linguas peninsulares, entre elas o galego.

Antonio Requeni (Bos Aires, 1930) é un poeta da xeración arxentina dos 50 e tamén cultivou profesionalmente o xornalismo co seu labor cultural en La Prensa. O xurado dos Rosalía de Castro considérao «un verdadeiro embaixador da cultura galega» en Arxentina e destaca a súa proximidade a autoras exiliados como Luís Seoane, Rafael DiesteLorenzo Varela e Arturo Cuadrado, ademais da súa relación con José González Carbalho e Francisco Luis Bernárdez, poetas arxentinos de estirpe galega.

Pola súa banda, Unai Elorriaga (Bilbao, 1973) é un referente na literatura en éuscaro dende que acadou o Premio Nacional de Narrativa no 2002. O premio recoñece nel un labor literario que transcende minorías e chega a milleiros de lectores en toda Europa.


FUENTE:   


No hay comentarios:

Publicar un comentario